miércoles, 25 de abril de 2018

GRISELA - KAMISHIBAI DE 6º DE PRIMARIA

Estes días visitounos un bichiño entrañable...Grisela
O grupo cooperativo de 6º de Primaria formado por Jose, Olivia, Lucía e André, representaron o conto para os máis pequenos...
Grisela é unha pequena ratiña que un día síntese moi triste, tan triste como a súa pel gris. Para remedialo, decide pintarse de cores alegres, esperando que con elo cambie o seu estado de ánimo, pero non o consegue...Ata que atopa a alguén que fará que deixe a un lado a tristeza para sempre...

Grisela é unha fábula que reflexiona sobre a autoestima e a idea de non cambiar a nosa maneira de ser na procura dunha palabra bonita ou da felicidade nun momento puntual. Reivindica que a verdadeira felicidade alcánzase sempre sendo nós mesmos, e que debemos ser fortes nos momentos de dúbida ou de felicidade.
Este é un dos títulos escollidos da "Maleta da Igualdade" que edita Kalandraka para traballar con el valores sobre a búsqueda da propia identidade e a autoestima.
A ilustradora holandesa Willemien Min ilustra este libro con moita cor, empregando trazos de lápis e un orixinal efecto collage utilizando cachiños de papel sobre fondo branco que fan un efecto visual fantástico
O venres, este mesmo grupo, presentará a Grisela aos rapaces de 1º e 2º de E.P. que seguro seguro estarán encantadísimos de coñecela...PARABENS RAPACES!!!




lunes, 23 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO....ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA

Son moitas as actividades que fixemos hoxe na biblioteca...
 Os alumnos de 2º de Primaria levaron o venres un libro que hoxe contaron aos seus compañeiros na biblioteca...
 
 
 
Os "padriños" de 6º escolleron libros para os seus "afillados" de 1º de Primaria...
 
 
 
 
Tamén fixeron estas fermosas rosas marcapáxinas...
Rapazas e rapaces de 5º elaboraron, en grupos de traballo cooperativo, unha ficha-resumo do libro que leron na clase dúas semanas antes, "Muriel", de María Canosa, coa que teremos a oportunidade de falar este xoves 26 porque ven visitarnos outro ano máis...Xa veu o ano pasado para falar doutro título seu, "Rubicundo", que tanto éxito tivo entre os rapaces...
 

 


Os de 3º e 4º de Primaria escolleron un dos seus libros favoritos para facer un autorretrato tridimensional con el...

 
 
 SEGUIREMOS TODA A SEMANA A CELEBRAR ESTE DÍA TAN FERMOSO...SEGUIREMOS  A SOÑAR!





jueves, 19 de abril de 2018

"OS TRES PORQUIÑOS" - kamishibai

Esta semana visitáronnos uns simpáticos porquiños e alguén máis...
Marta e Abril, de 5º de Primaria, foron as creadoras desta graciosa interpretación dos Tres porquiños para o kamishibai. Contaron coa colaboración das súas compañeiras Manuela, Andrea e Lucía, para poder amosar as marionetas feitas para a ocasión...

Os porquiños feitos con culleres de madeira e o lobo de gomaeva... 
O martes tocoulles aos pequerrechos de Infantil. Tivo tanto éxito  que pediron escoitalo outra vez...
Ao remate da representación recibiron un agasallo...un gracioso porquiño feito para cada un deles...
Hoxe escoitaron o conto os rapaces de 1º e 2º de Primaria que tamén recibiron o seu porquiño-agasallo...
 Canto traballaron estas rapazas e canta alegría transmitiron!
Aquí vos deixo o vídeo que gravou a súa profe Fabiola...

                            SODES UNHAS ARTISTAS!!!